lunes, 26 de octubre de 2020

Lanzacoches!!

     Unha manualidade que sempre funciona e que ten múltiples posibilidades de uso é o "lanzacoches", un sinxelo xoguete feito con tubo de cartón. Por un lado teñen que ir pegando con cola pedaciños de papel de cores e polo outro pintar os números do 1 ao 5 de diferente cor. Teñen que ter paciencia porque non é algo que se faga dun día para outro!.

    Finalmente chega a hora de explorar as posibilidades de xogo: cas bolas de porexpán ou de ping-pong pódense facer cousas sós como o "balancín" o "sopla cara arriba", a "bandexa", lanzar a modo de tobogán coches, canicas, etc. E por parellas se pode xogar ao "fútbol-sopro", facer trasvases de bola, e todo aquilo que a imaxinación e a craetividade permitan...






.

domingo, 25 de octubre de 2020

Curso 2020-21! Unha nova viaxe!!

Comezamos un novo curso con moitas ganas e ilusión a pesar das circunstancias! En primeiro lugar gustaríame que vexades algúns dos recunchos da nosa clase e tamén algunhas fotografías de diferentes actividades! Pouco a pouco iremos engadindo pequenas cousas do noso día a día! Podedes aproveitar tamén a botar unha ollada polos recursos colgados do curso anterior, hai moitas cousas interesantes!!

Estes son os recunchos da nosa aula! Cada día accedemos a eles e despois de xogar e traballar, deixamos todo recollido!!

Actividades variadas:

Clasificando bonecos e cartas





Circuíto de canicas



No patio 





E moitas máis cousas das que non sempre temos fotografías!!