Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Indios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Indios. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2020

Marcial: "Bailando con tolos"

Marcial e a súa tribu fixeron unha superprodución cos mellores momentos vividos co proxecto de indios durante o confinamento!  Non vos perdades esta historia que resume o modo de vida duns indios modernos...😂 


Esta é a sua mensaxe: "Hola nenas e nenos! Aquí deixámosvos unha curtometraxe india. Queda claro que o aburrimento esperta a imaxinación. Puxemos en práctica case todas as actividades do tema indios e rendemos homenaxe a algunhas películas de humor das cales sacamos varias escenas. Desexamos poñer un pouco de humor nestes días, boa terapia onde as haxa. Sempre sen ánimo de ofender a ninguén. O caso é que unha cousa levou a outra e fóisenos das mans. Así que neste video so puxemos as escenas que tiñan que ver coa actividade, e poida que vexades cousas un pouco fora de lugar jejejeje. Que vos divirtades!"


"Bailando con tolos"


👌👍👏👏

martes, 5 de mayo de 2020

Cousas de indios!

Aínda quedaban atrás algunhas fotiños do proxecto de indios



domingo, 26 de abril de 2020

Rematamos cos Indios

E para rematar co traballiño dos indios déixovos unhas fichas para que vaiades facendo durante a semana e ao rematar podedes formar un pequeno libriño! Recordade que para completar o libriño tedes que poñer o número de páxina na parte de abaixo da ficha (traballamos a numeración) e despois da portada lle poñemos un índice e finalmente unha contraportada!.







E como derradeira manualidade do proxecto sería interesante que fagades un catador de sonos ("Atrapasueños"):

"Según la creencia popular, su función consiste en filtrar los sueños de las personas, dejando pasar solo los sueños y visiones positivas; los sueños que no recuerdas son los que bajan lentamente por las plumas. Las pesadillas se quedan atrapadas en las cuentas que están en la red y a la mañana siguiente se queman con la luz del día para que no se cumplan. Generalmente se cuelgan al techo justo encima de tu cama, utilizando un hilo."





"Deja que la telaraña atrape tus buenos recuerdos y los malos pasen por el agujero del centro y se desvanezcan."

Déixovos un pequeno vídeo para facer un sin sinxelo  catador de sonos ("Atrapasueños")


Podedes utilizar as seguintes plumas que os nenos e nenas decorarán



viernes, 24 de abril de 2020

Proposta venres 24: Cómo se desplazaban?

Hoxe vos propoño un par de actividades máis sobre os indios:

A primeira é preguntarlles cómo cren que se desprazaban os indios. Comentade con eles as súas hipótesis ata que cheguedes á conclusión final: por terra, camiñando ou cabalgando (nun cabalo característico chamado "mustang") e por auga (nos ríos) en canoas. A partir de aquí lles podedes propoñer os seguintes traballos:

Colorear ou pintar con témpera-acuarela o cabalo (repasar con rotu o nome), para engadir a ficha
ao libriño sobre os indios.


Facer unha canoa de cartulina para colocala no noso poboado indio. Para facer este traballo podemos utilizar a técnica do "esgrafiado". Primeiro que recorten a canoa, despois a pintan enteira con cores variados (cera branda tipo manley), logo cubren todo con cor negra (témpera ou cera manley) e por último fan a decoración con algo punzante tipo escarvadentes ou punzón.








Déixovos un pequeno vídeo sobre a técnica plástica do esgrafiado




Por se queredes facer unha canoa de papiroflexia




E a segunda actividade sería facer un tótem de cartulina para pegar ao lado do noso tipi.

Modelos para decorar. Unha vez decorados, os recortan e se pegan sobre unha superficie cilíndrica, 
fácil de facer enroscando unha cartulina tamaño folio.


 Ficha para o libriño

domingo, 19 de abril de 2020

Proposta luns 20 de Abril : Facemos un TIPI de cartón

Os indios de Norteamérica vivían en TIPIS (TI, significa "vivir" e PI significa "lugar") é dicir que TIPI significa "lugar para vivir". Os Tipis podían ser montados ou desmontados en menos de dúas horas e é un dos fogares de acampada máis cómodos e que mellor resiste as diferentes condicións meteorolóxicas (cálido no inverno e fresco no verán). Estaba recuberto de pel de búfalo.

Déixovos un par de fichas para que fagades para o voso libriño dos indios:




Como manualidade podedes facer TIPIS de cartón: elexide unha plantilla  e a decorades ao voso gusto, despois mamá ou papá pegan unhas palliñas e colocan o tipi sobre unha base de cartón que tamén podedes pintar.


Outra manualidade interesante e que gusta moito é facer á banda para a cabeza: recortade unha tira de cartón ou cartulina, a decorades con triángulos e despois lle pegades un par de plumas pintadas!. Exemplo:




 







Na miña casa tamén  fixemos os tipis e quedaron así:




Animádevos a facer o voso Tipi de cartón!








jueves, 16 de abril de 2020

Indios de Norteamérica

Ola nenos e nenas!
Se estivéramos na clase estes días, gustaríame que aprenderades algunhas cousas sobre os Indios de Norteamérica. Imos a intentalo desde a casa!. Para comezar que vos parece se facedes unha portada que nos servirá como inicio dun pequeno libriño. Elexide a que máis os guste e despois a decorades, recordade poñer o voso nome! Se elexides a que non pon o nome, poñédelle o título!




Se recordades, algúns de vos xa tiñades posto un nome indio (Lobo Gris, Cabello al viento, Río revuelto, Trenza Larga...) Se o lembrades podedes escribir ese na seguinte ficha, senón, inventade un novo!!