Hoxe vos propoño un par de actividades máis sobre os indios:
Colorear ou pintar con témpera-acuarela o cabalo (repasar con rotu o nome), para engadir a ficha
ao libriño sobre os indios.
Facer unha canoa de cartulina para colocala no noso poboado indio. Para facer este traballo podemos utilizar a técnica do "esgrafiado". Primeiro que recorten a canoa, despois a pintan enteira con cores variados (cera branda tipo manley), logo cubren todo con cor negra (témpera ou cera manley) e por último fan a decoración con algo punzante tipo escarvadentes ou punzón.
Déixovos un pequeno vídeo sobre a técnica plástica do esgrafiado
Por se queredes facer unha canoa de papiroflexia
E a segunda actividade sería facer un tótem de cartulina para pegar ao lado do noso tipi.
Modelos para decorar. Unha vez decorados, os recortan e se pegan sobre unha superficie cilíndrica,
fácil de facer enroscando unha cartulina tamaño folio.
Ficha para o libriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario