Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de octubre de 2020

Lanzacoches!!

     Unha manualidade que sempre funciona e que ten múltiples posibilidades de uso é o "lanzacoches", un sinxelo xoguete feito con tubo de cartón. Por un lado teñen que ir pegando con cola pedaciños de papel de cores e polo outro pintar os números do 1 ao 5 de diferente cor. Teñen que ter paciencia porque non é algo que se faga dun día para outro!.

    Finalmente chega a hora de explorar as posibilidades de xogo: cas bolas de porexpán ou de ping-pong pódense facer cousas sós como o "balancín" o "sopla cara arriba", a "bandexa", lanzar a modo de tobogán coches, canicas, etc. E por parellas se pode xogar ao "fútbol-sopro", facer trasvases de bola, e todo aquilo que a imaxinación e a craetividade permitan...






.

jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro

A profe Lucía mándanos esta mensaxe:

Queridas familias: un besiño neste día tan especial. É un día nostálxico. Sempre o celebramos todos xuntos na biblioteca. Este vídeo é un regalo para vós, para a nena ou neno que levades dentro. Un aplauso por todo o esforzo que estades a facer. Sabemos que non é fácil. Ánimo!.



Por outra parte, Paulo e Rafa fixeron uns preciosos marca páxinas para conmemorar o Día do Libro


 Rafael

miércoles, 22 de abril de 2020

Así quedaron as casiñas de cartón!

Mirade que chulas quedaron algunhas das casiñas de cartón!




E no seguinte vídeo, Gabriel nos explica con detalle a súa "casa encantada"



domingo, 19 de abril de 2020

Proposta luns 20 de Abril : Facemos un TIPI de cartón

Os indios de Norteamérica vivían en TIPIS (TI, significa "vivir" e PI significa "lugar") é dicir que TIPI significa "lugar para vivir". Os Tipis podían ser montados ou desmontados en menos de dúas horas e é un dos fogares de acampada máis cómodos e que mellor resiste as diferentes condicións meteorolóxicas (cálido no inverno e fresco no verán). Estaba recuberto de pel de búfalo.

Déixovos un par de fichas para que fagades para o voso libriño dos indios:




Como manualidade podedes facer TIPIS de cartón: elexide unha plantilla  e a decorades ao voso gusto, despois mamá ou papá pegan unhas palliñas e colocan o tipi sobre unha base de cartón que tamén podedes pintar.


Outra manualidade interesante e que gusta moito é facer á banda para a cabeza: recortade unha tira de cartón ou cartulina, a decorades con triángulos e despois lle pegades un par de plumas pintadas!. Exemplo:




 







Na miña casa tamén  fixemos os tipis e quedaron así:




Animádevos a facer o voso Tipi de cartón!








viernes, 17 de abril de 2020

Casiñas de cartón

A PROPOSTA DE HOXE VENRES E PARA A FIN DE SEMANA CONSISTE EN  CONSTRUÍR UNHA CASIÑA CON CAIXAS DE CARTÓN QUE TEÑAMOS POR CASA. EN PRIMEIRO LUGAR, BUSCA CAIXAS : DE MEDICAMENTOS, DE INFUSIÓNS, DE ATÚN,  CARTÓNS DOS IOGURES, ETC.

PEGADE AS CAIXIÑAS (PODE SER UN EDIFICIO CON VARIOS PISOS), ENGÁDELLE UNHA CAIXA QUE SERÁ O GARAXE, OUTRA A CHEMINEA, PODES PORLLE XARDÍN, ÁRBORES, ETC.

DESPOIS PAPI OU MAMI CUN CUTER QUE LLE FAGA AS VENTÁS E AS PORTAS E POR ÚLTIMO A PINTAR!!!!

XA VERÁS QUE DIVERTIDO É!! ANÍMATE E NON ESQUEZAS ENVIARME A FOTO!

POR CERTO, DEIXAR VOAR A IMAXINACIÓN DOS NENOS E NENAS!!! XA QUE  HAI CASAS DE TODOLOS TAMAÑOS, FORMAS, ETC; HAI CASAS QUE  PODE TER TRES CHEMINEAS, SER REDONDAS, TER MOITOS PISOS, UN TOBOGÁN PARA BAIXAR DENDE A FIESTRA, ETC.

AQUÍ VOS DEIX0 AS QUE FIXERON OS MEUS FILLOS!!!


VERA A FIXO CON CAIXAS DE XEADOS, INFUSIÓNS E MEDICAMENTOS!!



              ENGADIULLE PISCINA E PINTOUNA  



E FIXÁDEVOS NO GARAXE QUE TEN COCHE, BICICLETA E LAVADORA!!



ÉRIC NON QUIXO AXUDA PERO QUEDOULLE MOI BEN (na foto non se ve pero púxolle un tobogán azúl dende a ventana ata o xardín)





    E LEIRE FIXO A SÚA CUNHA CAIXA DE LEITE!









miércoles, 15 de abril de 2020

Caixa máxica de escritura

Hola nenos e nenas! 


Hoxe vos propoño unha cousiña moi sinxela  que vos sirve para traballar e repasar un pouquiño as letras que sabedes, tamén lle podedes preguntar a papa ou a mamá como se fae o trazo dalgunha que aínda non vos saia (sobre todo o trazo da minúscula).
Trátase dunha caixa máxica!. Necesitades unha caixiña de cartón ou madeira (tamén serve unha bandexa) e botarlle un pouco de fariña, area, sal etc; engadidelle un pouco de purpurina e listo para traballar.
Facede primeiro unhas tarxetas de cartón cas letras en maiúscula e minúscula porque despois as vades a practicar.

Déixovos algúns exemplos:





I













Ánimo e ata mañá!

lunes, 13 de abril de 2020

Plastilina caseira!

Traballar ca  plastilina e unha actividade básica para os nenos e nenas na Educación Infantil xa que mellora a forza nos seus dedos e no seu pulso (tan necesaria para o seu trazo) ao mesmo tempo que fomenta a sua creatividade e a sua percepción espazo-temporal.
Unha bonita actividade é facer con eles a propia plastilina.


Unha vez feita,  podedes probar a facer cousas como as seguintes: 


Formas xeométricas ou construcións unindo boliñas con palliñas ou palillos.








Traballar a serie numérica e o conteo:




Crear figuras orixinais!





Animádevos e xa nos ensinaredes os vosos traballos!!