lunes, 13 de abril de 2020

Plastilina caseira!

Traballar ca  plastilina e unha actividade básica para os nenos e nenas na Educación Infantil xa que mellora a forza nos seus dedos e no seu pulso (tan necesaria para o seu trazo) ao mesmo tempo que fomenta a sua creatividade e a sua percepción espazo-temporal.
Unha bonita actividade é facer con eles a propia plastilina.


Unha vez feita,  podedes probar a facer cousas como as seguintes: 


Formas xeométricas ou construcións unindo boliñas con palliñas ou palillos.








Traballar a serie numérica e o conteo:




Crear figuras orixinais!





Animádevos e xa nos ensinaredes os vosos traballos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario