jueves, 23 de abril de 2020

Científicos!

Hoxe temos unha serie de experimentos moi chulos que dous dos vosos compañeiros queren compartir!

 En primeiro lugar Marcial mándanos esta mensaxe:

"Hola amigos, amigas e profe! Gústame moito ver os vosos videos e fotos. Hoxe os mando uns experimentos máxicos con auga que fixen con Tomás e a miña mamá. Só necesitades globos, vasos, un cordel, unha vela e auga. Espero que o pasedes ben con estes experimentos. Estamos a ver en casa as propiedades da auga a través de experimentos. Nestes vemos a sua polaridade, a sua capacidade calorífica e a sua forza de adhesión. Tamén fixemos un experimento para explicar o ciclo da auga. A tope con a auga hoxe jajajaja!!!"


"Puxemos un pouco de auga nunha bolsa cerrada herméticamente. A pintamos para que fose mais bonito. A puxemos o sol e vimos como a auga evaporábase. Ata convertirse màis arriba en moitas gotiñas de auga coma unha nube. O xuntarse unhas gotiñas con outras se convertiron en choiva, e volveu de novo ao mar."




























E en segundo lugar: Izan fixo un experimento moi chulo utilizando unha botella valeira onde engadiu, auga, aceite e unha gotiña de colorante. Unha vez feita a mezcla botóulle unha pastilla efervescente e mirade o que pasou...


Noraboa aos dous, moi bo traballo!!
Quén se anima a ser científico?

No hay comentarios:

Publicar un comentario