martes, 21 de abril de 2020

Experimentos!

Hoxe vos propoño dous pequenos experimentos:

O primeiro e un moi sinxelo que nos propoñen Alejandra e o seu papá:
"Porqué non se cae a auga?": necesitades lápices de cores de madeira, unha bolsa de plástico transparente, auga e unha cubeta. Fixadevos nas fotos e listo!. É moi interesante que antes de empezar e  ao rematar o experimento o plasmen  nun papel (ben en forma de debuxo ou con debuxo e texto explicativo).






E o segundo experimento chámase: "Lámparas de luz" (unha idea compartida por unha nai da escola unitaria da Gándara). Necesitamos cilindros de cartón (de papel hixiénico por exemplo), goma eva o cartulina, film transparente e una lanterna (válenos a do móvil). Déixovos as imaxes e un vídeo explicativo para que vexades de qué se trata:














No noso caso, cada neno ou nena pode recortar o seu animal protector do nome indio (que será o seu TOTEM). Por exemplo: Marcial escolleu "Colmillo dorado", pois na sua lanterna pode recortar un lobo. Se non teñen escollido un, poden facelo do animal ou elemento que lles guste!.





Para rematar só queda oscurecer todo e... ¡Máxia!. Encántalles estar a oscuras con lanternas!!

Espero que vos gusten e a experimentar!!...


No hay comentarios:

Publicar un comentario