Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

Julia e Daniela: "Galletas de mantequilla"

As vosas compañeiras Julia e Daniela fixeron unhas riquísimas galletas de manteiga e queren compartir con vos a receita! Animádevos a cociñar!



Vídeo explicativo!

jueves, 4 de junio de 2020

Profe Lucía: Recordando!

Ola familia!!
Hoxe traio un regalo :
Un recordo de un momento de clase de música cantando a saia de carolina e un momento de baile.Mirade que caras de felicidade!!
Sinto porque non saen todos, é difícil as veces bailar e facer de fotógrafa ao mesmo tempo.

martes, 19 de mayo de 2020

Profe Lucía: "Estreliña"

Estreliña


Ooola familia!!
Espero que estedes moi ben, hoxe a actividade de música é unha canción que xa coñecedes.
Deixo un video que vos fixen, onde levaremos o ritmo da canción pisando unhas estreliñas de papel.
Si non queredes facer as estrelas, podedes tamén levar o ritmo da canción como facemos na clase, con palmas, movendo os pes como si forades piratas camiñando, tocando con 2 paus (dúas culleres de madeira)...o importante é seguir o ritmo, moverse, cantar ...e sobre todo pasalo ben!!
Quérovos!!
Un biquiño grande!!



Actividade ritmo:

Deixovos tamén o enlace da canción.


martes, 12 de mayo de 2020

Profe Lucía: Muiñeira!


A bailar ca profe Lucía!!

Ooola familia!!
Hoxe toca practicar os dous pasos da MUIÑEIRA que xa temos mirado na clase.
Ensaiade un pouquiño conmigo os pasos e despois podedes bailar con Uxía Lambona, que tamén anda polo video que vos mando.
Un biquiño moi grande, meus valentes!!


lunes, 11 de mayo de 2020

Conto: A eiruga glotona

Marcial e a súa familia déixannos este fantástico conto feito con sombras chinescas! 

"A eiruga glotona"


domingo, 10 de mayo de 2020

Marcial: "Bailando con tolos"

Marcial e a súa tribu fixeron unha superprodución cos mellores momentos vividos co proxecto de indios durante o confinamento!  Non vos perdades esta historia que resume o modo de vida duns indios modernos...😂 


Esta é a sua mensaxe: "Hola nenas e nenos! Aquí deixámosvos unha curtometraxe india. Queda claro que o aburrimento esperta a imaxinación. Puxemos en práctica case todas as actividades do tema indios e rendemos homenaxe a algunhas películas de humor das cales sacamos varias escenas. Desexamos poñer un pouco de humor nestes días, boa terapia onde as haxa. Sempre sen ánimo de ofender a ninguén. O caso é que unha cousa levou a outra e fóisenos das mans. Así que neste video so puxemos as escenas que tiñan que ver coa actividade, e poida que vexades cousas un pouco fora de lugar jejejeje. Que vos divirtades!"


"Bailando con tolos"


👌👍👏👏

Contos!

Ruth e Lucía queren compartir con todos nós uns contos relacionados co proxecto de China!

Ruth: Os tres porquiños

Lucía: Conto de medo!

Experimentos!

Rafa continúa o seu traballo ensinándonos máis experimentos interesantes!

"Corcho submarino"

"Papel seco"

viernes, 8 de mayo de 2020

Frautas de herba e bodegóns

Foron chegando vídeos das vosas frautas de herba: bo traballo! Aquí van algúns artistas!!






E tamén vos quedaron xenial os bodegóns! A profe Lucía está encantada!!


Bodegón de Izan

Bodegón de Paula

Bodegón de Pedro

Bodegón de Ruth


Profe Lucía: "Son unha obra de arte"


Son unha obra de arte
Moitas gracias familias!!
Fixéstedes un traballo extraordinario.
Comencei a facer o video cos títulos e nome de autor, pero como había cadros que non sabía o título nin o autor, decidín non por ningún para que vaian todos iguais.
Cando todo se normalice xa me pasaredes os titulos que faltan.
Agora disfrutade das vosas obras.
Un abrazo grande.
(Estou rematando o dos profes, xa o miraredes)

domingo, 3 de mayo de 2020

Clase de cociña con Amelia!!


Biscoito de limón

A nosa compañeira Amelia converteuse nunha estupenda cociñeira! Fixádevos que ben explica e como se desenvolve cos ingredientes e utensilios de cociña!!


Animádevos a facer un! ten unha pinta... 😋

miércoles, 29 de abril de 2020

Rafa: Arcoiris


Fixádevos ben neste experimento que nos presenta Rafa! É moi interesante e divertido! Probade e veredes o que pasa...


martes, 28 de abril de 2020

Leite máxico!

Sen dúbida o noso compañeiro Pedro estáse a converter nun experto nisto dos experimentos...As veces lle parecen mesmo máxia!, fixádevos no chulo que é este e qué sinxelo é de facer

domingo, 26 de abril de 2020

Pequenos grandes científicos!: Volcán

Se queredes seguir cos experimentos científicos non vos perdades este fantástico vídeo explicativo de Paulo e Hugo!. Noraboa nenos, fantástico traballo!


Non vos olvidedes de poñer as gafas!!😉

Lucía: "un libro en la escalera"

Para conmemorar o pasado día do libro Lucía envíanos este fermoso vídeo, non deixedes de velo!




Aproveito tamén para poñer aquí o enlace doutro fermoso conto que nos recomenda a mamá de Alejandra

viernes, 24 de abril de 2020

Un pouco de deporte!

Aquí tedes a Bosco manténdose en forma e queimando un pouco da súa enerxia! A que mola?
 (non vos perdades o vídeo!)

jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro

A profe Lucía mándanos esta mensaxe:

Queridas familias: un besiño neste día tan especial. É un día nostálxico. Sempre o celebramos todos xuntos na biblioteca. Este vídeo é un regalo para vós, para a nena ou neno que levades dentro. Un aplauso por todo o esforzo que estades a facer. Sabemos que non é fácil. Ánimo!.



Por outra parte, Paulo e Rafa fixeron uns preciosos marca páxinas para conmemorar o Día do Libro


 Rafael

miércoles, 22 de abril de 2020

Psicomotricidade con periódico


A partir de hoxe a profe Lucía tamén compartirá as súas actividades no blog! 
"O recunchiño de Lucía"

Bos días familia!!
Cómo estades meu valentes?? Preparádevos, buscade un periódico vello que hoxe imos facer psicomotricidade utilizando unha folla de papel!!. Veña, espero a que busquedes un periódico. Cando estedes listos... A XOGAR!!
Un abrazo moi forte.
Lucía


domingo, 19 de abril de 2020

Superpoderes

Paulo e o seu Irmán Hugo nunha superprodución digna de Hollywood: "La superfamilia"

viernes, 17 de abril de 2020

Somos Indios

Ola nenos e nenas!
un saúdiño desde o meu garaxe! Déixovos un pequeno video para que vexades que aos meus fillos tamén lles encanta converterse en Indios Norteamericanos. Para o próximo capítulo veremos os nomes indios e como podemos facer un TIPI de papel. No lado dereito desta páxina tedes a curtametraxe de Disney "O pequeno Hiawatha" seguro que a lembrades. 


 Éric facendo a portada! 
Nesta tribu falta unha india!!





                                                                           













Aquí tedes tamén un par de fichas con vocabulario que podedes utilizar a modo de cartas para facer pequenas actividades de lectura e escritura: primeiro recoñecedes o nome en maiúscula e minúscula,
os copiades nun folio aparte, separades nome de imaxe para despois volvelos a unir, con dúas copias facedes o xogo das parellas, etc

Unha aperta para todos e todas e que saibades que me están a encantar todos os traballos que facedes!!