Mostrando entradas con la etiqueta Lectoescritura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectoescritura. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

Son Goku: o derradeiro reto!

No mundo de Songoku hai unha morea de personaxes, tedes que escribir nun folio unha lista de 5 nomes da seguinte fotografía (preguntádelle a mamá ou a papá, seguro que saben varios...)

No seguinte debuxo en branco e negro hai varias diferencias: saberías atopalas?

E o máis difícil de todo, fixádevos ben no seguinte cadro:
 Para solucionar os enigmas deberás buscar no cadro o punto de unión das dúas rectas ( a horizontal e a vertical) e ahí atoparás o número resultante... Pídelle axuda a mamá ou a  papá e moita Sorte!! é un reto difícil, pero merece a pena por conseguir a bola máxica!!

Pistas para o primeiro exercicio...




lunes, 11 de mayo de 2020

Lectoescritura: vocabulario do proxecto

Para complementar o traballo de lectoescritura déixovos unhas tarxetas con vocabulario relacionado co proxecto cas que podedes facer as seguintes actividades:

1º presentarlles as tarxetas lendo os nomes en maiúscula e minúscula
2º que eles mesmos lean os nomes (primeiro en maiúscula, logo en minúscula)
3º escribir o nome pola parte de atrás da tarxeta e que lean ou identifiquen de que imaxe se trata.
4º tapar ou recortar as palabras da tarxeta e escribir outras aparte para que relacionen imaxe con palabra.








lunes, 20 de abril de 2020

Lectoescritura


Aquelas familias que necesitedes un pouco máis de material tipo ficha para traballar cos vosos fillos e fillas consultade os seguintes enlaces (cadernos en PDF de repaso cedidos pola Editorial Santillana):

1.- Lectoescritura1
2.- Lectoescritura2
3.- Repasamos (de todo un pouco)

A miña recomendación para que repasen o trazo das letras (sobre todo aquelas das que aínda non vimos o trazado en minúscula na clase, ou aquelas que aínda non lle saen ) e que traballedes da seguinte maneira:

1º Trazo amplo co dedo ( en fariña ou area, sobre superfice negra; ou con pintura, en superficie branca).
2º Trazo amplo con pincel e acuarela (desliza moi ben).
3º Trazo con cera branda seguindo o modelo (sen pauta, en folio branco).
4º Trazo con lápis seguindo unha ficha tradicional (iremos progresivamente reducindo o tamaño).

Déixovos un pequeno vídeo explicativo:


Espero que vos sirva de axuda!