Aquelas familias que necesitedes un pouco máis de material tipo ficha para traballar cos vosos fillos e fillas consultade os seguintes enlaces (cadernos en PDF de repaso cedidos pola Editorial Santillana):
1.- Lectoescritura1
2.- Lectoescritura2
3.- Repasamos (de todo un pouco)
A miña recomendación para que repasen o trazo das letras (sobre todo aquelas das que aínda non vimos o trazado en minúscula na clase, ou aquelas que aínda non lle saen ) e que traballedes da seguinte maneira:
1º Trazo amplo co dedo ( en fariña ou area, sobre superfice negra; ou con pintura, en superficie branca).
2º Trazo amplo con pincel e acuarela (desliza moi ben).
3º Trazo con cera branda seguindo o modelo (sen pauta, en folio branco).
4º Trazo con lápis seguindo unha ficha tradicional (iremos progresivamente reducindo o tamaño).
Déixovos un pequeno vídeo explicativo:
Espero que vos sirva de axuda!
No hay comentarios:
Publicar un comentario