martes, 28 de abril de 2020

Profe Lucía: música, ritmo e coordinación

Bos días familias!!
Xa sabedes da reorganización do horario para non saturar con tanta actividade.
Eu darei danza e música os mércores e arte os xoves. A psicomotricidade , enviarala sólo o profe Tomás os venres.
Hoxe  toca música. Temos unha actividade de ritmo. 
A importancia do ritmo. ... O ritmo acompaña a vida. Hai estudos que amosan a relación entre música, habilidades rítmicas e linguaxe. O ritmo tamén é básico para unha boa aprendizaxe da lectura e a escritura.
Polo tanto mirade o importante que é practicalo!!
Entón, imos alá!!
Fixen 2 videos :
1º-Percusión corporal. Si queredes pasalo ben toda a familia tendes q sentarvos nunha silla e ir rotando, como fago eu.

2º-Seguir o ritmo con 2 culleres e un bote de pementa ou sal...que fará de maraca.

Intentaino, canto mais ensaiedes, millor sairá!
Un beso grande!!
Espero que o pasedes ben.
Forza!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario