jueves, 30 de abril de 2020

Profe Carmen: Pipa da Paz

A proposta da profe Carmen para esta semana é  a seguinte:

Pipa de la paz


Cadros Lucía

Fixádevos que fermosas vos están a quedar as obras de arte!!

 Julia e Daniela: "El grito" de Munch

 Lucía: "Madre e hija" de Gustav Klimt

 Paula: "Mujer cosiendo" de Van Gogh

miércoles, 29 de abril de 2020

Arte con Lucía: Convírtome nun cadro

Varios museos lanzaron nesta pandemia un reto moi especial:
Convertirnos nunha obra de arte. Facendo unha imitación na casa, de obras de Arte famosas.

Anímovos a uniros a este reto:
Enviade unha foto da vosa representación, co título do cadro e o autor.

Comenzo eu, a ver si así vos pica o gusanillo😜
Convírtome nun cadro , que estábamos comenzando a estudiar cando pasou todo isto:
“Mujer en la ventana” de Salvador Dalí.

Anímate ti tamén profe, a convertirte nunha obra de arte.
Moitos bicos!!

Rafa: Arcoiris


Fixádevos ben neste experimento que nos presenta Rafa! É moi interesante e divertido! Probade e veredes o que pasa...


martes, 28 de abril de 2020

Profe Lucía: música, ritmo e coordinación

Bos días familias!!
Xa sabedes da reorganización do horario para non saturar con tanta actividade.
Eu darei danza e música os mércores e arte os xoves. A psicomotricidade , enviarala sólo o profe Tomás os venres.
Hoxe  toca música. Temos unha actividade de ritmo. 
A importancia do ritmo. ... O ritmo acompaña a vida. Hai estudos que amosan a relación entre música, habilidades rítmicas e linguaxe. O ritmo tamén é básico para unha boa aprendizaxe da lectura e a escritura.
Polo tanto mirade o importante que é practicalo!!
Entón, imos alá!!
Fixen 2 videos :
1º-Percusión corporal. Si queredes pasalo ben toda a familia tendes q sentarvos nunha silla e ir rotando, como fago eu.

2º-Seguir o ritmo con 2 culleres e un bote de pementa ou sal...que fará de maraca.

Intentaino, canto mais ensaiedes, millor sairá!
Un beso grande!!
Espero que o pasedes ben.
Forza!!

Proposta mércores 29 de abril: Pensamento matemático

Déixovos uns vídeos onde podedes ver actividades que fomentan nos nosos nenos e nenas o uso do pensamento matemático. Animádevos a facelas!!

Interpretación e manexo dos cadros de dobre entrada:

Levar un gráfico de cores do papel á realidade

Se dispoñedes dun cubo de Rubik

Cousiñas varias...

Unha de fotos!!

Ruth e o seu tipi!

 Paulo e o seu irmán Hugo ( e según eles o profe Jorge tamén está ahí sentadiño...)😁

Máis cousas indias!

Cadro da profe Lucía!

Cociñeiros!




Sodes uns campeóns! unha aperta para todos!

Leite máxico!

Sen dúbida o noso compañeiro Pedro estáse a converter nun experto nisto dos experimentos...As veces lle parecen mesmo máxia!, fixádevos no chulo que é este e qué sinxelo é de facer

domingo, 26 de abril de 2020

Rematamos cos Indios

E para rematar co traballiño dos indios déixovos unhas fichas para que vaiades facendo durante a semana e ao rematar podedes formar un pequeno libriño! Recordade que para completar o libriño tedes que poñer o número de páxina na parte de abaixo da ficha (traballamos a numeración) e despois da portada lle poñemos un índice e finalmente unha contraportada!.







E como derradeira manualidade do proxecto sería interesante que fagades un catador de sonos ("Atrapasueños"):

"Según la creencia popular, su función consiste en filtrar los sueños de las personas, dejando pasar solo los sueños y visiones positivas; los sueños que no recuerdas son los que bajan lentamente por las plumas. Las pesadillas se quedan atrapadas en las cuentas que están en la red y a la mañana siguiente se queman con la luz del día para que no se cumplan. Generalmente se cuelgan al techo justo encima de tu cama, utilizando un hilo."





"Deja que la telaraña atrape tus buenos recuerdos y los malos pasen por el agujero del centro y se desvanezcan."

Déixovos un pequeno vídeo para facer un sin sinxelo  catador de sonos ("Atrapasueños")


Podedes utilizar as seguintes plumas que os nenos e nenas decorarán



Profe Yolanda: Semana do 27 de abril ao 1 de maio

A profe Yolanda publicará a partir de hoxe aquí as súas recomendacións para apoiar o traballo da aula. Nesta ocasión reforza o proxecto de Indios: aquí tedes algunhas fichas que podedes engadir ao noso libro sobre os indios.




Tamén nos propón un xogo de memoria online: "Super Mario Memory"

Pequenos grandes científicos!: Volcán

Se queredes seguir cos experimentos científicos non vos perdades este fantástico vídeo explicativo de Paulo e Hugo!. Noraboa nenos, fantástico traballo!


Non vos olvidedes de poñer as gafas!!😉

Lucía: "un libro en la escalera"

Para conmemorar o pasado día do libro Lucía envíanos este fermoso vídeo, non deixedes de velo!




Aproveito tamén para poñer aquí o enlace doutro fermoso conto que nos recomenda a mamá de Alejandra

sábado, 25 de abril de 2020

Máis experimentos!


Se queredes estar entretidos durante a fin de semana...un pouquiño de ciencia!

Está claro que cada día sorprendedesme máis! Vaia experimentos máis chulos nos explican Rafa, Alejandra e Pedro!

Rafa: estrela
 Simplemente cunhs escarvadentes postos de forma estratéxica e unha xeringa de auga...

Alejandra: pizarra máxica
Con un portafolios e pintura de dedos ou témpera: dentro do portafolios poñemos un pouco de cada cor, despois pechamos con "celo" e listo. Mellor pegalo nunha ventá para que os trazos se vexan con maior claridade.





Pedro: arcoiris
Auga e lacasitos. Seguro que vos pasa a de Pedro ("puedo comérmelo")



Moi ben feito! Merecedes un aplauso!!

viernes, 24 de abril de 2020

Un pouco de deporte!

Aquí tedes a Bosco manténdose en forma e queimando un pouco da súa enerxia! A que mola?
 (non vos perdades o vídeo!)

Daniela e Julia

Julia e Daniela queren ensinarvos todo o que están a facer!




Outra actividade moi chula que fixeron pola semana do día do libro!: escenificar unha escena dun conto!





Animádevos a representar unha escena dun dos vosos contos preferidos! E enviádeme fotiño!

Feliz Cumpleanos Ruth!

Hoxe a nosa compañeira Ruth cumple 6 anos! 
Deseamoslle un bo día e mandámoslle un bico moi grande!
Felicidades Ruth!!



No recunchiño de Lucía: Música e cociña!

Música e cociña

Ovos recheos en forma de pitiño.
Hoxe propóñovos  unha receita fácil, moi nutritiva e que non supón ningún perigo para os peques na cociña.
 Necesitamos os seguintes ingredientes:

* 6 ovos duros
* 1 lata de atún
* 2 culleres de sopa de maionesa
* Aceitunas
* Rodajas de cenoria

Hai que cortar os ovos pola metade, mesturar as xemas coa maionesa e o atún. Encher e decorar.
Bo proveito.
Un biquiño.

A canción que vos propoño é a do pitiño amareliño:



Profe Carmen

A partir de hoxe, todos os venres, a profe Carmen (mestra de Audición e Linguaxe) tamén vai a compartir por aquí as súas actividades!

Proposta para hoxe venres 24 de abril:


Proposta venres 24: Cómo se desplazaban?

Hoxe vos propoño un par de actividades máis sobre os indios:

A primeira é preguntarlles cómo cren que se desprazaban os indios. Comentade con eles as súas hipótesis ata que cheguedes á conclusión final: por terra, camiñando ou cabalgando (nun cabalo característico chamado "mustang") e por auga (nos ríos) en canoas. A partir de aquí lles podedes propoñer os seguintes traballos:

Colorear ou pintar con témpera-acuarela o cabalo (repasar con rotu o nome), para engadir a ficha
ao libriño sobre os indios.


Facer unha canoa de cartulina para colocala no noso poboado indio. Para facer este traballo podemos utilizar a técnica do "esgrafiado". Primeiro que recorten a canoa, despois a pintan enteira con cores variados (cera branda tipo manley), logo cubren todo con cor negra (témpera ou cera manley) e por último fan a decoración con algo punzante tipo escarvadentes ou punzón.








Déixovos un pequeno vídeo sobre a técnica plástica do esgrafiado




Por se queredes facer unha canoa de papiroflexia




E a segunda actividade sería facer un tótem de cartulina para pegar ao lado do noso tipi.

Modelos para decorar. Unha vez decorados, os recortan e se pegan sobre unha superficie cilíndrica, 
fácil de facer enroscando unha cartulina tamaño folio.


 Ficha para o libriño

jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro

A profe Lucía mándanos esta mensaxe:

Queridas familias: un besiño neste día tan especial. É un día nostálxico. Sempre o celebramos todos xuntos na biblioteca. Este vídeo é un regalo para vós, para a nena ou neno que levades dentro. Un aplauso por todo o esforzo que estades a facer. Sabemos que non é fácil. Ánimo!.



Por outra parte, Paulo e Rafa fixeron uns preciosos marca páxinas para conmemorar o Día do Libro


 Rafael

Ioga con Lucía

Estiramos e relaxamos!

Bos días valentes!!
Sei que é difícil non poder saír da casa e ás veces isto fainos estar un pouco inquedos. Hoxe propóñovos uns exercicios de ioga que nos axudarán a sentirnos máis tranquilos e relaxados.
Animádevos, toma unha colchoneta ou unha toalla e ven a estirar comigo !!


 E si nos enfadamos, recordade a canción:

Unha aperta. 
Profe Lucía

Científicos!

Hoxe temos unha serie de experimentos moi chulos que dous dos vosos compañeiros queren compartir!

 En primeiro lugar Marcial mándanos esta mensaxe:

"Hola amigos, amigas e profe! Gústame moito ver os vosos videos e fotos. Hoxe os mando uns experimentos máxicos con auga que fixen con Tomás e a miña mamá. Só necesitades globos, vasos, un cordel, unha vela e auga. Espero que o pasedes ben con estes experimentos. Estamos a ver en casa as propiedades da auga a través de experimentos. Nestes vemos a sua polaridade, a sua capacidade calorífica e a sua forza de adhesión. Tamén fixemos un experimento para explicar o ciclo da auga. A tope con a auga hoxe jajajaja!!!"


"Puxemos un pouco de auga nunha bolsa cerrada herméticamente. A pintamos para que fose mais bonito. A puxemos o sol e vimos como a auga evaporábase. Ata convertirse màis arriba en moitas gotiñas de auga coma unha nube. O xuntarse unhas gotiñas con outras se convertiron en choiva, e volveu de novo ao mar."




























E en segundo lugar: Izan fixo un experimento moi chulo utilizando unha botella valeira onde engadiu, auga, aceite e unha gotiña de colorante. Unha vez feita a mezcla botóulle unha pastilla efervescente e mirade o que pasou...


Noraboa aos dous, moi bo traballo!!
Quén se anima a ser científico?

Roi

Roi envíanos saúdos e unhas fotiños para que vexamos como traballa!

Un abrazo moi forte para él!!