jueves, 4 de junio de 2020

Dia Mundial do Medio Ambiente: Mandala con elementos naturais!


Día Mundial do Medio Ambiente
5 de Xuño do 2020
O land art ou arte terrestre consiste en facer intervencións artísticas en espacios naturáis usando os propios elementos que nos ofrece a natureza, sería como unha escultura ou arquitectura na paisaxe.
A proposta consiste en facer un tipo de land art, "mandalas" con elementos naturais, podedes usar pedras, follas, paus, flores, area, cunchas, froitos secos, sementes… facendo unha composición circular, en espiral, con forma de radio (como a roda dunha bici), en forma de cruz… podedes usar un só material ou combinar varios.
Este traballo favorece a concentración, a creatividade, a orde, traballa conceptos matemáticos como a simetría, o tamaño… e sobre todo ofrece un efecto visual e emocional tanto no artista como no espectador.




Enviádeme unha foto ca vosa mandala natural!

Recoméndovos así mesmo que vexades estes dous vídeos para concienciarvos da necesidade de coidar o noso entorno e de conectar ca Natureza.


"La Lección más grande del Mundo"



Lemon
                                          

E que mellor que o Día do Medio Ambiente para ver a Paulo cos seus novos compañeiros!


No hay comentarios:

Publicar un comentario