martes, 9 de junio de 2020

Proposta mércores 10 de xuño: "As bolas máxicas"!

A piques de rematar o curso (só imos mandar propostas de actividades ata o venres!) o meu amigo Son Goku, venme de propoñer un trato: se sodes capaces de superar dúas probas, conseguiredes unha bola máxica!! que vos parece! veña, imos ver o que hai que facer...



Cantas son as bolas máxicas? (obseva a imaxe e conta cantas son)


Nun folio branco debuxa as bolas ordenándoas de menor a maior, é dicir, de menos a máis estrelas no seu interior.


Sumas con bolas máxicas





E por último, o máis difícil, descifra: cantas estrelas hai en total se sumamos o número de estreliñas de todas as bolas? (anota o resultado)


Lembra ou coñece a canción de Son Goku:

 Así comezaban os capítulos

E así remataban! e tiñamos que esperar de un día para outro para volvelos a ver! (nada de dous ou tres capítulos seguidos ...)

                                           
  


E o venres o reto final de SON GOKU para conseguir unha bola do dragón!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario