miércoles, 22 de abril de 2020

Psicomotricidade con periódico


A partir de hoxe a profe Lucía tamén compartirá as súas actividades no blog! 
"O recunchiño de Lucía"

Bos días familia!!
Cómo estades meu valentes?? Preparádevos, buscade un periódico vello que hoxe imos facer psicomotricidade utilizando unha folla de papel!!. Veña, espero a que busquedes un periódico. Cando estedes listos... A XOGAR!!
Un abrazo moi forte.
Lucía


Aparecen os Indios!!

Que ben vos están quedando todas as actividades dos indios! Sodes unha verdadeira tribu!.



Bosco e a súa irmá Gala ata fixeron un tipi a tamaño real! Moi chulo!


E a nosa India "Alta Montaña" déixanos unha mostra da "danza da chuvia"



Unha forte aperta para todos!!


Así quedaron as casiñas de cartón!

Mirade que chulas quedaron algunhas das casiñas de cartón!




E no seguinte vídeo, Gabriel nos explica con detalle a súa "casa encantada"



Proposta mércores 22 de abril: o meu animal protector

Propóñovos dúas cousiñas moi fáciles sobre o proxecto dos indios.

Tótem ou animal protector: Na cultura dos indios americanos, os animais tiñan un papel moi importante. Non só eran os seres cos que convivían, senón que para eles eran os seus guías e protectores, eran os chamados Tótems ou animais de poder.
Lle damos a elexir o seu animal favorito, colorean e decoran o fondo e despois escriben o nome do animal.
Exemplo:


Imaxes de animais característicos dos tótems:




E a segunda cousiña é que xoguedes un pouco co voso nome indio e algún outro inventado: mamá ou papá o copiarán en maiúscula e minúscula e desopois podedes facer actividades de recoñecer, unir, identificar, etc. Exemplo:

Recoñecer

 Identificar e unir

Completar





martes, 21 de abril de 2020

Experimentos!

Hoxe vos propoño dous pequenos experimentos:

O primeiro e un moi sinxelo que nos propoñen Alejandra e o seu papá:
"Porqué non se cae a auga?": necesitades lápices de cores de madeira, unha bolsa de plástico transparente, auga e unha cubeta. Fixadevos nas fotos e listo!. É moi interesante que antes de empezar e  ao rematar o experimento o plasmen  nun papel (ben en forma de debuxo ou con debuxo e texto explicativo).






E o segundo experimento chámase: "Lámparas de luz" (unha idea compartida por unha nai da escola unitaria da Gándara). Necesitamos cilindros de cartón (de papel hixiénico por exemplo), goma eva o cartulina, film transparente e una lanterna (válenos a do móvil). Déixovos as imaxes e un vídeo explicativo para que vexades de qué se trata:














No noso caso, cada neno ou nena pode recortar o seu animal protector do nome indio (que será o seu TOTEM). Por exemplo: Marcial escolleu "Colmillo dorado", pois na sua lanterna pode recortar un lobo. Se non teñen escollido un, poden facelo do animal ou elemento que lles guste!.





Para rematar só queda oscurecer todo e... ¡Máxia!. Encántalles estar a oscuras con lanternas!!

Espero que vos gusten e a experimentar!!...


lunes, 20 de abril de 2020

Facendo a plasti!

Seguen chegando máis actividades de compañeiros facendo a plasti. Nesta ocasión temos a Pedro e tamén a Julia e Daniela facendo galletas! (ademáis de plasti...).


Lectoescritura


Aquelas familias que necesitedes un pouco máis de material tipo ficha para traballar cos vosos fillos e fillas consultade os seguintes enlaces (cadernos en PDF de repaso cedidos pola Editorial Santillana):

1.- Lectoescritura1
2.- Lectoescritura2
3.- Repasamos (de todo un pouco)

A miña recomendación para que repasen o trazo das letras (sobre todo aquelas das que aínda non vimos o trazado en minúscula na clase, ou aquelas que aínda non lle saen ) e que traballedes da seguinte maneira:

1º Trazo amplo co dedo ( en fariña ou area, sobre superfice negra; ou con pintura, en superficie branca).
2º Trazo amplo con pincel e acuarela (desliza moi ben).
3º Trazo con cera branda seguindo o modelo (sen pauta, en folio branco).
4º Trazo con lápis seguindo unha ficha tradicional (iremos progresivamente reducindo o tamaño).

Déixovos un pequeno vídeo explicativo:


Espero que vos sirva de axuda!