viernes, 24 de abril de 2020

No recunchiño de Lucía: Música e cociña!

Música e cociña

Ovos recheos en forma de pitiño.
Hoxe propóñovos  unha receita fácil, moi nutritiva e que non supón ningún perigo para os peques na cociña.
 Necesitamos os seguintes ingredientes:

* 6 ovos duros
* 1 lata de atún
* 2 culleres de sopa de maionesa
* Aceitunas
* Rodajas de cenoria

Hai que cortar os ovos pola metade, mesturar as xemas coa maionesa e o atún. Encher e decorar.
Bo proveito.
Un biquiño.

A canción que vos propoño é a do pitiño amareliño:



Profe Carmen

A partir de hoxe, todos os venres, a profe Carmen (mestra de Audición e Linguaxe) tamén vai a compartir por aquí as súas actividades!

Proposta para hoxe venres 24 de abril:


Proposta venres 24: Cómo se desplazaban?

Hoxe vos propoño un par de actividades máis sobre os indios:

A primeira é preguntarlles cómo cren que se desprazaban os indios. Comentade con eles as súas hipótesis ata que cheguedes á conclusión final: por terra, camiñando ou cabalgando (nun cabalo característico chamado "mustang") e por auga (nos ríos) en canoas. A partir de aquí lles podedes propoñer os seguintes traballos:

Colorear ou pintar con témpera-acuarela o cabalo (repasar con rotu o nome), para engadir a ficha
ao libriño sobre os indios.


Facer unha canoa de cartulina para colocala no noso poboado indio. Para facer este traballo podemos utilizar a técnica do "esgrafiado". Primeiro que recorten a canoa, despois a pintan enteira con cores variados (cera branda tipo manley), logo cubren todo con cor negra (témpera ou cera manley) e por último fan a decoración con algo punzante tipo escarvadentes ou punzón.








Déixovos un pequeno vídeo sobre a técnica plástica do esgrafiado




Por se queredes facer unha canoa de papiroflexia




E a segunda actividade sería facer un tótem de cartulina para pegar ao lado do noso tipi.

Modelos para decorar. Unha vez decorados, os recortan e se pegan sobre unha superficie cilíndrica, 
fácil de facer enroscando unha cartulina tamaño folio.


 Ficha para o libriño

jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro

A profe Lucía mándanos esta mensaxe:

Queridas familias: un besiño neste día tan especial. É un día nostálxico. Sempre o celebramos todos xuntos na biblioteca. Este vídeo é un regalo para vós, para a nena ou neno que levades dentro. Un aplauso por todo o esforzo que estades a facer. Sabemos que non é fácil. Ánimo!.



Por outra parte, Paulo e Rafa fixeron uns preciosos marca páxinas para conmemorar o Día do Libro


 Rafael

Ioga con Lucía

Estiramos e relaxamos!

Bos días valentes!!
Sei que é difícil non poder saír da casa e ás veces isto fainos estar un pouco inquedos. Hoxe propóñovos uns exercicios de ioga que nos axudarán a sentirnos máis tranquilos e relaxados.
Animádevos, toma unha colchoneta ou unha toalla e ven a estirar comigo !!


 E si nos enfadamos, recordade a canción:

Unha aperta. 
Profe Lucía

Científicos!

Hoxe temos unha serie de experimentos moi chulos que dous dos vosos compañeiros queren compartir!

 En primeiro lugar Marcial mándanos esta mensaxe:

"Hola amigos, amigas e profe! Gústame moito ver os vosos videos e fotos. Hoxe os mando uns experimentos máxicos con auga que fixen con Tomás e a miña mamá. Só necesitades globos, vasos, un cordel, unha vela e auga. Espero que o pasedes ben con estes experimentos. Estamos a ver en casa as propiedades da auga a través de experimentos. Nestes vemos a sua polaridade, a sua capacidade calorífica e a sua forza de adhesión. Tamén fixemos un experimento para explicar o ciclo da auga. A tope con a auga hoxe jajajaja!!!"


"Puxemos un pouco de auga nunha bolsa cerrada herméticamente. A pintamos para que fose mais bonito. A puxemos o sol e vimos como a auga evaporábase. Ata convertirse màis arriba en moitas gotiñas de auga coma unha nube. O xuntarse unhas gotiñas con outras se convertiron en choiva, e volveu de novo ao mar."




























E en segundo lugar: Izan fixo un experimento moi chulo utilizando unha botella valeira onde engadiu, auga, aceite e unha gotiña de colorante. Unha vez feita a mezcla botóulle unha pastilla efervescente e mirade o que pasou...


Noraboa aos dous, moi bo traballo!!
Quén se anima a ser científico?

Roi

Roi envíanos saúdos e unhas fotiños para que vexamos como traballa!

Un abrazo moi forte para él!!